Servizos

Se liches algúns artigos desta web, verás a importancia concedida non só á formación dos menores no uso axeitado de Internet, senón tamén á formación de nais, pais e profesorado. Eles e elas teñen que ser referentes claros para os seus fillos e fillas tamén no que se refire á navegación pola Rede.

É por iso que ofrecemos charlas dedicadas a estes tres colectivos:

  • Pais e nais. Dunha duración aproximada de dúas horas, adaptables.
  • Profesorado. Dunha duración aproximada de dúas horas, tamén adaptables.
  • Alumnado, principalmente –inda que non de forma excluínte– a alumnos de ESO. Dunha duración aproximada de 50 minutos.

Se estás interesado/a en recibir información sobre estas actividades, as posibilidades de adaptación ás túas necesidades e os seus custos, ou sobre outras fórmulas, non dubides en contactar a través do seguinte formulario.

Nome (requirido)

Entidade

Correo electrónico (requirido)

Teléfono

Asunto

Mensaxe