Consellos para menores

Seguridad smartphones

Tes o teu móbil protexido?

Que marabilla ese móbil que tes no teu peto. Con el podes facer infinidade de cousas. Sérveche para axudarche nos traballos de clase, para comunicarche cos teus amigos, para divertirte… Pero pensaches que pasaría se o perdes ou cho rouban? Perderías moitas cousas, e algunhas con consecuencias desastrosas. Porque, que pasa se o que o atopa ou o rouba pode acceder a esa conta de correo que tes aberta, ou ao teu perfil en Facebook ou Instagram, ou aos contactos de WhatsApp, ou ao que tes gardado na nube, en SkyDrive por exemplo? Pois pode pasar de todo: cambiarche os contrasinais de tal xeito que xa non poidas acceder ti, roubarche as fotos que teñas túas ou dos teus contactos, acceder ás túas conversacións en WhatsApp, usar as fotos que tes almacenadas na nube ou no correo electrónico…

Xa sabemos que ti coidas moito do teu móbil, pola conta que che ten. Pero polo si ou polo non, convén que sexas precavido. Tes xa configurado un bloqueo de pantalla? É algo imprescindible, para poñer unha primeira barreira ao intruso. E despois convén que poñas un contrasinal para poder acceder a eses servizos na nube. A maioría das apps dese tipo teñen esa posibilidade. Sabes como facelo? Cada unha é distinta, pero no seu menú de axustes adoita haber unha opción de configuración onde che ofrecerá esa posibilidade. Si, xa sabemos que é incómodo ter que poñer un contrasinal cada vez que accedes, pero é o único xeito de non ter que arrepentirte se ocorre o non desexado.

Sendo máis precavidos, xa sería estupendo se non tiveses aberta a sesión nas redes sociais e nas contas de correo… pero imaxino que iso xa che resultará máis difícil.

O mellor do mellor é que coides moito do teu móbil: non o leves no peto traseiro, non o perdas de vista, non llo deixes a ninguén… Pensa que o que aí levas non é un teléfono (seguro que o usas moi pouquiño para falar) senón que é un verdadeiro almacén de información que, como din nas películas, podería ser usada na túa contra. Así que xa o sabes: o teu móbil sempre protexido.

Fotografía superior de Cedric Sam

Tu comentario/O teu comentario