Consellos para menores

Configurar la privacidad en Instagram

Como configurar a privacidade en Instagram

Sabes configurar a túa privacidade en Instagram? Quizais non coñezas que existen as contas privadas ou quizais nin sequera saibas que a túa conta é pública. Esta opción para converter a túa conta de Instagram en privada é algo realmente útil, se queres que as túas imaxes teñan unha certa privacidade na rede.

Cando abres unha conta en Instagram, por defecto esta é pública. É dicir, calquera usuario pode ver as fotos que colgues. Se a isto lle engades que en moitas ocasións etiquetas esas imaxes co lugar onde se tomou ou con outras referencias, a unha persoa con malas intencións pode resultarlle de moita utilidade. Pensa tamén nesoutras fotos que publicas e que dentro dun contexto resultan inofensivas pero que sacadas del poden ter outro significado. Refírome a fotos tomadas na praia ou nunha piscina, por poñer un exemplo. Compartidas co grupo dos teus amigos e amigas poden non supor problema ningún, pero se cae en mans dun descoñecido, pode facer maxia con esas fotos. Poderían usalas para promover unha páxina de contido erótico, para crear perfís falsos e a través deles poder practicar o ciberacoso… Poderían… poderían moitas cousas, porque a imaxinación dos “malos” de Internet é incrible.

Se só vas colgar fotos de paisaxes ou fotos artísticas nas que non aparecen persoas, o que sexan públicas non supón problema ningún, salvo que che preocupe a propiedade intelectual. As túas fotos poden acabar sendo usadas en publicacións, webs, blogs, sen o recoñecemento da túa autoría.

Agás que teñas un afán especial de notoriedade –algo non moi recomendable se non es unha Violetta ou un Justin Bieber da vida– eu recoméndoche que convertas a túa conta de Instagram en privada, de tal modo que só os teus contactos podan acceder ás túas fotos. Ollo, isto non significa que se elimine por completo o risco de difusión indebida das túas imaxes. Calquera dos teus contactos pode tomar esa foto e publicala noutros foros ou aplicacións, co cal queda a disposición de todo o mundo. Por iso, antes de publicar unha foto, pensa nas consecuencias que podería ter a súa difusión pública.

E como se converte a conta de Instagram en privada? Pois é moi sinxelo. Accede desde o teu móbil a Instagram. Na parte inferior dereita, pulsa no teu perfil, como ves na imaxe inferior deste artigo. Unha vez nesa pantalla, pulsa nos puntiños da parte superior dereita para acceder á configuración da conta. E abaixo, verás que está a opción de “Conta privada”. Activala, e listo! Xa só as persoas que aprobes poderán ver as túas fotos e vídeos. Non afectará para nada aos seguidores que tes actualmente. Co cal, quizais non veña mal facer unha revisión deses seguidores e comprobar que coñecemos e confiamos en todos eles.

Xa ves, é cuestión de dedicarlle menos dun minuto para asegurar un pouco máis a túa intimidade. Porque, que gañas con que as túas fotos sexan visibles para todo o mundo?

Configurar a conta privada en Instagram

Fotografía superior de Tucker W.

7 comentarios

  1. Como hago si no tengo los tres puntos en el perfil

    Responder
    • Tienes que acceder desde la opción de tu perfil. Estas son las pantallas que te deben aparecer. Te señalo en rojo los pasos.
      Paso 1
      Paso 2
      Paso 3

      Responder
  2. tengo mi cuenta privada y aun así tengo likes de gente que no tengo agregada y desconocida
    podrían apoyarme con eso?

    Gracias.

    Responder
    • Pues puede haber pasado que hayas compartido alguna de tus fotos de Instagram en otra red social (Facebook, Twitter). Cualquier persona que la vea en esas redes sociales, a través del enlace puede acceder a esa foto en tu Instagram, aunque tu cuenta sea privada. Así que, como puedes ver, aunque tu cuenta sea privada, no quiere decir que tus fotos sean totalmente inaccesibles si no andas con mucho cuidado.

      Responder
  3. Como hago para desactivarlo?

    Responder
  4. Menores y ni tan menores.. Yo creo que por seguridad es importante poner fotos en privado para evitar disgustos.. Y aún así cuidar mucho lo que se cuelga. Una comunidad cerrada permite mejor control sobre lo que se cuelga y que tu vida privada no sea de dominio publico.

    Responder

Tu comentario/O teu comentario

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.