Para os maiores

Curiosidad

O perigo da curiosidade en Facebook

Hoxe veño para falarvos do perigo da curiosidade en Facebook. Disque a curiosidade matou ao gato. Aplicádevos isto a Facebook. Teño unha serie de contactos que continuamente publican enlaces a vídeos do tipo: “Esta tortuga se encontraba en peligro hasta que su amigo hizo ESTO… ¡Nadie pudo creer lo que…”; “Esta mujer tiene un secreto debajo de su abrigo… ¡Nadie pudo creer lo que hizo en el museo!”; “Cuando le apuntaron la cámara, este joven hizo algo que nadie pudo imaginarse. ¡Y nadie lo pudo detener!”. O pinchar nese vídeo lévanos automaticamente a unha páxina onde como mínimo o primeiro que nos pide é a autorización para publicar no noso Facebook. Ou esixe un “gústame” na súa páxina. A consecuencia disto pode ser que a partir de entón comecen a aparecer como automaticamente publicados por nós certos vídeos ou noticias. Estas páxinas ademais poden chegar a ter acceso ao noso enderezo de correo electrónico, ou a nosa data de nacemento, a nosa situación e algunhas ata aos datos persoais dos nosos contactos (como a data do seu aniversario).

Curiosidad en FacebookNavegar polas redes sociais esixe, igual que no resto de actividades, un mínimo de responsabilidade e sentido común.

O consello é que cando nos atopamos cun vídeo cun titular incitando de xeito tan descarado á curiosidade, desconfiemos de entrada. E se decidimos pinchar, ler o que nos esixe para ver o vídeo: se pide que lle deamos un “gústame” á súa páxina, ou un permiso para publicar no noso nome, o recomendable é dicir que non. Inda que por iso quedemos sen ver o vídeo. De calquera xeito é posible que o vídeo non sexa o que esperamos.

Ademais pensade na imaxe que dades aos vosos contactos se ven que continuamente estades pinchando neste tipo de vídeos (porque de xeito automático aparecerán nos vosos muros). Non contribuamos a expandir o lixo nas redes sociais.

Fotografía superior de Nuria – Proxecto Edén

Tu comentario/O teu comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.