Consellos para menores

Registro en Foursquare

Rexístrate coa túa conta de Facebook!

Rexístrate coa túa conta de Facebook! Seguramente máis dunha vez ao intentar acceder a algún servizo de Internet ou algunha aplicación para o móbil, existe esta opción: facelo mediante a túa conta de correo electrónico ou rapidamente mediante o teu perfil de Facebook, Google+ ou Twitter. E seguramente moitas veces, para evitar perder tempo cubrindo formularios cos teus datos, optaches por facelo a través da túa conta das redes sociais. Así de fácil! Con todo, o meu consello é que non o fagas. É preferible que uses a túa conta de correo electrónico e cubras os datos que che piden para facelo. Por que? Pois porque é moi posible que facer o rexistro mediante a túa conta de Facebook, por exemplo, implique que lle deas unha serie de permisos a esa aplicación ou servizo, como por exemplo publicar no teu nome na rede social ou acceder aos teus contactos.

Esa é a razón pola que moitas veces aparecen no noso muro cousas que nós non publicamos. Así pode ser que todo o mundo saiba o que estamos escoitando en Spotify (porque lle demos permiso) ou que saiban onde estamos nese momento (porque nos rexistramos en Foursquare ou Swarm coa conta de Facebook).

En si non é bo nin malo, pero pódenos crear problemas, á parte de que estamos perdendo control sobre o que contamos nas redes sociais, e iso non é bo. Mellor pecar de curto que non de pasarnos falando de nós, non cres?

Así que xa o sabes, a vindeira vez que nos pidan rexistrarnos nun servizo ou aplicación coa nosa conta de Facebook ou Google+… mellor que non.

Tu comentario/O teu comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.