Consellos para menores

Amigos en Facebook

Eu quero ter un millón de amigos en Facebook

Eu quero ter um milhão de amigos… Quizais non lembredes esa canción de hai anos, pero esa mensaxe parece ser o que nos transmiten moitas persoas en Facebook e noutras redes sociais. E claro que é moi bo ser sociable e ter moitas relacións, pero tende en conta que un contacto nunha rede social non equivale necesariamente a un amigo.

Seguramente oístes moitas veces a necesidade de configurar axeitadamente a privacidade nas redes sociais. E entre as medidas que hai que tomar está a de aceptar só como contactos ás persoas que realmente coñecemos ou das que temos referencias. Se o facemos deste xeito, e configuramos a privacidade para que as nosas publicacións, os nosos datos e as nosas imaxes só as vexan os nosos contactos, estaremos un pouquiño máis seguros. Non totalmente, porque desde o momento en que colgamos algo na Rede corremos o risco de que se difunda, por moita privacidade que configuremos.

Pero si malia toda esa configuración correcta das opcións de privacidade, aceptamos como amigo ao primeiro que nolo pide… pois é igual que ter o noso perfil totalmente aberto. E nunca se sabe o que poderán facer persoas que non controlamos cos nosos datos. Por exemplo, poden copiar as nosas fotos e publicalas noutros lugares, poden coñecer o que facemos ou deixamos de facer se o publicamos no noso muro. Poden supoñer unha ameaza para nós ou para a nosa familia se é que teñen malas intencións, porque lles estamos fornecendo moitos datos persoais nosos e doutras persoas.

Así que un millón de amigos na vida real, si, pero un millón de amigos en Facebook… mellor ter uns “pouquiños” menos.

Tu comentario/O teu comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.